jueves, 22 de abril de 2010

UN GOL POLA EDUCACIÓN

O pasado día 20, participamos no acto final da CAMPAÑA "UN GOL POLA EDUCACIÓN", para recordar ós gobernantes que ainda está pendente de cumprir a promesa da escolarización total de todos os nenos e nenas do mundo.
Antes, no cole, grupos de 4º e 5º traballamos nas actividades propostas en galego e inglés e, ó final, fixemos un balón onde puxemos as cousas que favorecen e as que obstaculizan para poder logralo. Tamén fixemos "UN MUNDO" onde reflexamos a situación escolar nos distintos continentes, e redactamos un manifesto que se adxunta nun documento.
Con todo isto participamos no acto final con representantes do Goberno de Vigo, da ONG Educación sin Fronteiras e xogadores do Celta  ( O porteiro Joel foi quen intentou estivo na portería de Un gol pola educación).
Ai e ó final tivo a amabilidade de firmarlles autógrafos ós nenos e nenas e de retratarse con eles e elas.










No hay comentarios:

Publicar un comentario