jueves, 26 de febrero de 2009

SAÍMOS A RÚA!!!

O venres cós nosos disfraces saímos a rúa, a CONQUISTAR VIGO. Empezamos o nosa CONQUISTA pola rúa Aragón seguindo pola praza de Santo Cura de Ars. Logo baixamos pola rúa Bailén ata a Travesía e finalmene CONQUISTAMOS a praza do Centro Comercial de Travesía. Alí botamos uns bailes e unhas cancións. Rematamos a festa no colexio co pregón do Entroido e a queima do Meco.
A continuación poderedes ver os nosos disfraces que nesta ocasión ían de acorde co tema DO SEGUNDO CENTENARIO DA RECONQUISTA DE VIGO.




miércoles, 18 de febrero de 2009

Relamendo o peteiro...

Esta semana estamos a degustar sobremesas do entroido.
Que boas cociñeiras e cociñeiros temos no Frian!
O luns María e Víctor de 4º B trouxeron FILLOAS... riquíiiiiisimas!
O mércores Iván de 4º B trouxo ORELLAS...riquíiiiisimas!


O venres 27 Roberto de 4ºB trouxo FILLOAS con chocolate....riquííííísimas!


Moitas grazas pais e nais por colaborar nestas tarefas.
Dende aquí invitámoste a...que as vexas.!
FELIZ ENTROIDO




viernes, 13 de febrero de 2009

MELLORANDO O NOSO INGLÉS

Aproveitando os recursos da rede esta vez tócalle ao Inglés. Imos a aprender a facer FILLOAS...si, si como estas oindo, non é o tempo?
Pois nada, mentras ves como se fan, practicas un pouquiño de Inglés. Os nenos e nenas do noso cole están mellorando a súa pronunciación deste xeito, así que xa sabes...consello da teacher.




British Food:How To Make English Pancakes

jueves, 5 de febrero de 2009

OBRADOIRO DE BOTERO

Na última semana de xaneiro os nenos e nenas de 3º e 4º visitamos a exposición de BOTERO. E un pintor moi curioso, pinta formas moi redondeadas ( el di que non son gordos). A vós que os parecen?.


A visita gustounos moito. Primeiro unha monitora contounos moitas cousas sobre este pintor tan famoso. Aprendimos moitísimas curiosidades a súa pintura.


Logo participamos nun obradoiro onde con distintos modelos facíamos figuras. Primeiro as silueteamos e logo as recortamos. Como non nos  dou tempo as estamos a pintar no cole. Cando as rematemos xa volas enseñaremos.


De momento mira o que fomos facendo....





domingo, 1 de febrero de 2009

CONCERTO: MÚSICA POPULAR GALEGA

O día 22 de xaneiro de 2009, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria acudiron ao Concerto de Instrumentos Tradicionais Galegos, celebrado no Auditorio do Centro Cultural Caixanova.


O concerto foi unha auténtica festa, na que coñecimos os principais instrumentos tradicionais e as formacións instrumentais.


Os intérpretes, o grupo Xistra de Coruxo, fixéronos aprender moito e pasar un rato estupendo. 


Como proba, aquí tendes un slide coas fotos.