miércoles, 16 de diciembre de 2009

CHEGOU O NADAL

XA TEMOS O COLEXIO CON AMBENTE NAVIDEÑO. ESTE ANO O COLE ESTÁ CHEO DE CAIXAS. QUERES VER ALGUNHA?. AQUÍ AS TES...



martes, 15 de diciembre de 2009

AVISO URXENTE. ÚLTIMA HORA

AVISO URXENTE. ÚLTIMA HORA



15/12/2009: URXENTE:


 A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, 16 de decembro. Esta medida tómase en base á predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro

viernes, 11 de diciembre de 2009

O NADAL NO MUNDO

copia-de-navidad-2008-005.jpg 



De novo chega o Nadal! Pero... como se viven estas festas nos diferentes lugares do mundo?


Este curso, enlazando co noso Proxecto Documental Integrado, queremos coñecer como se vive o Nadal noutros países. Para iso, temos elaborado diferentes cazas do tesouro. Podes acceder a elas a través do seguinte enlace:

viernes, 4 de diciembre de 2009

TRABALLO EN FAMILIA

Nestes días festivos propoñémoslles o seguinte traballo en colaboración cos seus fillos:


1º Buscar unha caixa de zapatos   caixa  caixa


2º Decórala con calqueira técnica caja4.jpg caixa


caja5.jpg   caixa caixa

3º Cando estean no cole faremos a decoración do colexio para este Nadal.


arbores

BOA FIN DE SEMANA A TODOS E TODAS!!!

miércoles, 2 de diciembre de 2009

SEXAMOS CAPACES DE SER IGUAIS

Dentro de tres días (o 6 de Nadal) lembramos a aprobación da nosa Constitución, na que os dereitos das persoas con discapacidade están plenamente recoñecidos. 
 
 A Constitución é a norma de convivencia pola que debemos guiarnos no noso país. Esta norma toma como referencias a Declaración Universal dos Dereitos do Home e a Declaración Universal dos Dereitos do Neno.
 
Declaración dos Dereitos do Neno e da Nena:
 
ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE: Todos os nenos e nenas que sofren algún tipo de discapacidade física, mental ou social deben recibir tratamento, educación e coidado especial, co fin de que poidan integrarse plenamente en sociedade. 


Constitución Española:
 
ARTIGO 14: Os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
 
Ás veces, os contos son o vivo reflexo da nosa Constitución.


Traballa sobre o Conto de Xandre no seguinte enlace:


XANDRE


 http://www.contosdexandre.net/sen_sombra/menu.html


 

martes, 24 de noviembre de 2009

25 de novembro: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Por desgracia, un ano máis temos que celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O único que podemos facer mentras esta lacra siga existindo é concienciar e denunciar. Iso é o que pretendemos co material que presentamos a continuación no seguinte




 lazo contra a violencia de xénero

viernes, 13 de noviembre de 2009

BOLSO CASTAÑA

Cos materiais da seguinte fotografía: tesoiras, pegamento,


papeis e un modelo,


copia-de-bolso_castana-4.JPG 


podes facer uns simpáticos bolsos castaña:


bolsos castañas

lunes, 9 de noviembre de 2009

ARLANZÓN: MÁIS QUE UNHA INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

Frian en Arlanzón

DE VOLTA DE ARLANZÓN, NON PODEMOS NEGAR QUE APRENDIMOS MOITO INGLÉS. PERO, SOBRE TODO, APRENDIMOS MOITAS COUSAS DE INTERESE PARA A NOSA VIDA.


Esta, alomenos, é a nosa apreciación (de Montse e Mónica). Algúns de vós aprendistes a desenvolvervos sós por primeira vez; outros escribistes unha frase que vaivos axudar moito de aquí en adiante. Todos tivemos que renunciar a algúns pequenos praceres, como mercar chuches e recordos. E, sen embargo, todos os problemas e dificultades mereceron a pena, porque, sen dúbida, esta será a viaxe máis aproveitable da vosa vida.


Gustaríanos que, a través deste foro, nenos, mestras e familias, nos mostrárades a todos os vosos pensamentos e os aspectos positivos que poidemos extraer desta experiencia, aínda que todos tivéramos pasado por intres de angustia e incertidume.


Grazas por adiantado.

VISITA A NATURNOVA. NOVEMBRE 2009

naturnova.JPG

 


O xoves 5 de novembro, os nenos e nenas do segundo ciclo fomos a Naturnova, o centro interactivo de educación ambiental. Entre moitas actividades que alí fixemos, a máis sorprendente, foi subir nun submarino e dar un paseo polo fondo da ría de Vigo. Debemos dicir que era un viaxe simulado pero aínda así o pasamos moi ben.

viernes, 6 de noviembre de 2009

O NOSO PROXECTO TIC PREMIADO

premios.gif 


 Resolución da convocatoria de axudas a proxectos de investigación, dinamización e innovación educativa das tecnoloxías da información e a comunicación (Proxectos 2.0), para o curso 2009-2010. ( http://centros.edu.xunta.es/contidos/redetic/?p=994 )



Xa somos  un centro da REDE TIC!!


ENHORABOA A TODOS E TODAS!!

LOGO_REDE TIC

miércoles, 4 de noviembre de 2009

PROPOSTA DE RECURSOS DO MAGOSTO

Estase achegando o Magosto, e moitos seguro que andades na procura do último debuxo, dunha actividade on-line... Na páxina do cole habilitamos un espazo para  aloxar  recursos que nos poden valer a todos e todas.


Enlace: http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/?q=category/13/118/175


a castaña

SORPRESA NO PATIO

cogomelo


O  martes 3 de novembro, cando chegamos o colexio, esperábanos un gran sorpresa...!!!
Non era unha planta, non era un animal, non era unha persoa, non era unha cousa, era un...FUNGO XIGANTE que nacera no noso patio, debaixo do carballo máis vello!!!
Bota unha ollada e ti mesmo podes comprobalo!!!


pe cogomelo


Aproveitamos este feito para aprender moitas cousas sobre este ser vivo tan especial, que pobla o chan, cando as chuvias do outono fan a súa aparición.

sábado, 31 de octubre de 2009

AMANITA MUSCARIA COMESTIBLE

 O VENRES 30 DE OUTUBRO, EN EDUCACIÓN INFANTIL,  FIXEMOS A SEGUINTE RECEITA:


 


 




Ingredentes:


 


Ovos  duros (cocidos e pelados)


Follas de leituga


Tomates  maduros


Maionesa


 


Elaboración:


 


Colocamos  nun  prato as  follas de leituga  ben  lavadas e  picadas,  por  riba  poñemos os ovos  duros.    Lavamos  ben os tomates e cortámolos pola metade.         


 Cada  unha destas metades  poñémolas  a  modo de sombreiro  por  riba  de cada  ovo. Despóis  decoramos  con  puntiños  de  maionesa  as  metades de tomates,   e  ... 


          


 Xa  temos  as  AMANITAS   MUSCARIAS  COMESTIBLES!            


                               


 


                              BO  PROVEITO!!!


 






jueves, 29 de octubre de 2009

Cabazas e máis cabazas

Cabazas e máis cabazas, por todas partes, este ano máis que nunca. Aquí vai un adianto. Mañán temos festa, xa vós contaremos como nos foi.



domingo, 25 de octubre de 2009

SAMAÍN E TAMÉN HALLOWEEN

Estamos esta semana a traballar na festa tradicional do Samaín. Aproveitamos recursos que hai pola rede, de páxinas e blog de moitos coles amigos.


Aprenderás moitas cousas e tamén pasarás un intre terroríííííííífico, escoitando e vendo vídeos, pintando cabazas, facendo manualidades....anímate. Podes acceder dende o debuxo da cabaza.


calabaza1.jpg


O enlace citado é:


http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/?q=category/13/118/174

NA CRESTA DA ONDA

O curso pasado estivemos a traballar cós PODCAST, radio a través de internet. O traballo o longo do curso foi moi fructífero e gracías a elo, o primeiro fin de semana de outubro, invitáronnos a expoñer  nosa experiencia no Congreso de Proxectosgrimm realizado en Vigo.


Representaron ao colexio Mónica Muñoz e Ana Piñeiro co traballo  "NA CRESTA DA ONDA". Se queres saber algo máis sobre a nosa experiencia non te más que acceder o seguinte enlace:


proyectos grimm

miércoles, 23 de septiembre de 2009

NOVIDADES 09/10

BENVIDOS A TODOS E TODAS!


COMEZAMOS UN NOVO CURSO...CON MOITAS NOVIDADES!


A LINGUA INGLESA ESTÁ A SER A PROTAGONISTA DO CENTRO XA VEREDES...


Este outono comezanos o curso en 5º  cunha


Sección Bilingüe en  Plástica así que todo aquelo


que fagamos  o podedes atopar na sección de 


lingua inglesa na nosa páxina web en Crafts and


Hobbies.






outono


 


Por outra banda os alumnos e alumnas de 6º imos


 


realizar unha estadía dunha semana de duración


 


nunha granxa-escola de Burgos durante os


 


primeiros días de novembro xunto cun centro de


 


Melilla e uns profesores e monitores ingleses


 


dentro do programa de inmersión lingüística do


 


MEC.


 


bus escolar






Manterémosvos  informados!!!



domingo, 28 de junio de 2009

jueves, 18 de junio de 2009

DESPEDIDA DE SEXTO

Hoxe, xoves 18 de xuño, os alumnos e alumnas de sexto fixeron no cole unha comida de despedida cos seus mestres, non faltou a comida, nin os agasallos, nin as risas, nin...algunha lágrima...


ATA SEMPRE !!!











miércoles, 10 de junio de 2009

PASEO POLO BOSQUE PINTADO

Como dixemos no artigo anterior aínda nos queda unha sorpresa sobre ALLARIZ. A continuación podes acompañarnos vendo uns videos gravados no Bosque Pintado de Ibarrola.


Neste primeiro video animámoste a que escoites atentamente . ESCOITA, ESCOITA...adiviñas que animal se oe?







A continuación podes ver unha das árbores pintadas deste bosque, segundo dende onde mires vese un debuxo ou outro. Xogas con nós? Que ves?







E para rematar o noso paseo por este bosque, camiñamos por unha ponte moi especial, acompáñasnos?




jueves, 4 de junio de 2009

VISITANDO ALLARIZ

O martes 2 de xuño os nenos e nenas de 4º de primaria visitamos a Vila de Allariz. Foi un día moi especial, cargado de actividades moi variadas e de moitas sorpresas.


O día o repartimos en tres etapas:


1ª etapa: visita a Vila de Allariz percorrendo as súas rúas e visitando o Parque Etnográfico do río Arnoia, máis concretamente o Museo do Coiro, Museo do Liño, o Muiño e o Museo do Xoguete.


Aprendemos moitas cousas e a continuación ensinámoste unhas imaxes.





2º etapa: xa é a hora da comida e de un merecido descanso. Comemos a beiriña do río Arnoia, alí a sombra das árbores estábase estupendamente. Podes comprobalo nas seguintes imaxes.





3ª etapa: Logo pola tarde viaxamos ata a AULA DO REXO, alí ensináronnos moitísimas cousas sobre as ENERXÍAS RENOVABLES, sobre as Reservas Naturais da Biosfera. Tamén déronnos moitísimos datos sobre o coidado das ovellas e a elaboración do queixo de ovella.





Segue atento ao noso blog porque ainda nos queda unha sorpresa desta excursión...

lunes, 25 de mayo de 2009

ENTREGA DE DIPLOMAS

Despois de cinco xornadas de duro traballo remataron as xornadas para pais, nais e avoas de alfabetización dixital.


Compartimos cinco xornadas onde todos e todas aprendemos algo, cada quen o seu ritmo.


Para algúns e algunhas era o arranque dun novo camiño, para outros máis experimentados, abríronse novas inquedanzas.


O último martes, como peche, repartíronse uns diplomas acreditativos.


Dende a comisión TIC do colexio, moitísimas grazas, a Carlos, verdadeiro artifice destas xornadas. E por suposto a todos e todas os que participáchedes con tanto interese.


Deixovos cunhas fotos da entrega de diplomas...e ata a próxima.





miércoles, 20 de mayo de 2009

SEMANA GRANDE NO COLE

Este ano estamos a levar a cabo un Proxecto de Investigación sobre o Bicentenario da Reconquista. Como remate das actividades temos, mañán xoves 21 de maio, a FESTA DA ÉPOCA DA RECONQUISTA de carácter lúdico e cultural.
Comezará pola mañá con obradoiros, visita ás exposicións e xogos; pola tarde teremos o FESTIVAL/CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, con representación teatrais, danzas, cancións e moitas sorpresas.
Queremos que sexa unha auténtica festa para toda a comunidade educativa polo que vos invitamos a que participedes nun xantar colectivo a partir das 14 horas a poder ser vestidos á usanza da época.
 


A MÚSICA XA ESTÁ EMPEZANDO A SOAR!!!!!


FRIAN NAS LETRAS GALEGAS


 

martes, 12 de mayo de 2009

CORRELINGUA 2009

Todo o alumnado do cole participamos na festa lúdico-educativa do "CORRELINGUA" cunha marcha dende a Praza do Rei ata Castrelos, con actuacións musicais, teatrais, xogos, etc.


A continuación poderás ver unha selección de  imáxenes dalgúns momentos da marcha, ao seu paso, polos lugares máis coñecidos.




miércoles, 6 de mayo de 2009

O BUS TURÍSTICO

Hoxe 6 de maio, veunos buscar un autobús de vitrasa. De dúas plantas, si,si como estas oindo. O conductor de deste autobus é o pai de Aida (4º) e Roberto (3º).O Bus levounos pola cidade ata a central de Vitrasa onde nos atenderon moi ben. Ata convidáronnos a refrescos... e que facía moita calor!.


Todos nós estamos acostumados a ir en coche, pero nun bus tan alto non, as cousas dende alí vense diferente.


Tamén déronnos uns agasallos. Dende aquí, moitas grazas polas vosas atencións.



lunes, 4 de mayo de 2009

UNHA VISITA ESPECIAL

Hoxe, 4 de maio de 2009, temos recibido unha visita moi especial: dúas profesoras de Música de Riga (Letonia)


Estiveron acompañándoas Marta e Nicolás, profesores, respectivamente, dos Conservatorios Profesionais de Música de Vigo e A Coruña.


Os catro estiveron compartindo connosco a clase, e, incluso, chegaron a bailar as nosas danzas. Ó final, agasalláronnos con chocolate letón e pousaron xunto a nós nestas fotos.


Alumnos e alumnas de 1º cos nosos visitantes

Alumnos e alumnas de 4º cos nosos visitantes

jueves, 23 de abril de 2009

DÍA DO LIBRO 2009

CO GALLO DO DÍA DO LIBRO, ENTRE TODOS OS CICLOS DO COLEXIO REDACTAMOS "O CONTO DE CONTOS", ONDE INTERVEÑEN MOITOS PERSONAXES FAMOSOS, E BEN COÑECIDOS POR TODOS E TODAS.
INVITAMOSCHE A QUE O LEAS CONNOSCO...




lunes, 20 de abril de 2009

FACENDO COMICS

Os nenos e nenas de 4º de primaria, están traballando na producción de comics a través de ferramentas dixitais.
O proceso é o seguinte:


1º Temática do cómic. Este primeiro ten que relacionar a personaxes de contos clásicos (Bambi, Balto e o Gato con Botas) e extraer algunha ensinanza á vez co gusto pola lectura.
2º Ilustración do cómic, con ferramentas clásicas.Nos seguintes intentaremos empregar programas dixitais de debuxo.
3º Do cómic tradicional, feito con lapis e boli, a comic dixital, utilizando un programa informático.


Aquí presentamos o primeiro resultado.
Gústache????














Comic Cuento Actual luisanamon1053 comic realizado por niños y niñas de 4º de primaria

jueves, 16 de abril de 2009

TAMÉN VEÑEN Á ESCOLA

Como saberedes,todos e todas os que nos seguides, o noso Centro está a facer, nos últimos cursos, un grande esforzo por adaptarse aos novos tempos, introducindo ao noso alumnado no uso das Novas Tecnoloxías como recurso para a aprendizaxe.


Mostra delo é a cantidade de contidos que, diariamente, estamos xerando na páxina web e nos blogs do Colexio.


Pero, en moitas ocasións, tanto o profesorado como os pais e nais dámonos conta de que nestes temas, os nosos fillos e fillas levan a dianteira, facendo evidentes as nosas carencias.


Imos tirar a toalla? Pensades que xa non sodes quen de aprender?


Ás veces, só ten que presentarse a oportunidade para formarnos. E nesta ocasión, o Colexio, en colaboración coa A.N.P.A., proponvos unhas Xornadas de Iniciación á Informática.


O noso obxectivo é que os pais/nais adquiran uns coñecementos básicos, imprescindibles para o manexo dun ordenador, aplicacións ofimáticas e coñecer o funcionamento da internet, as vantaxes e os perigos que para os menores pode ter.


A continuación ensinámoste que atentiños/as están na clase:




martes, 14 de abril de 2009

OS NENOS E NENAS DE 1º XOGAMOS CON BOTERO

Os nenos e nenas de 1º B temos traballado coas fantásticas figuras da colección O circo, de Botero, que estiveron expostas este inverno na nosa cidade.  


Botero e o circo


Observa na seguinte presentación o divertidos que estamos vestidos de pallasos e bailarinas!




miércoles, 1 de abril de 2009

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Os Equipos de Biblioteca e de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (T.I.C.s) convocan un  concurso de fotografía coa pretensión de que as familias do noso alumnado sexan tamén partícipes do Proxecto Documental Integrado que estamos a traballar este curso: a Reconquista da cidade de Vigo aos franceses.


Colle a túa camara.jpge pasea polo casco vello


Se visitas o seguinte enlace saberas máis do concurso:


                           BASES DO CONCURSO

lunes, 23 de marzo de 2009

VISITA AO CASCO VELLO

portas_e_murallas.jpg

O luns día 9 de marzo, os alumnos e alumnas de 3º curso de Primaria


 fixemos unha visita polo Casco Vello de Vigo.


O programa Vigo por dentro invitounos a visitar o Centro Histórico da nosa cidade.


Leváronos ata a Porta do Sol, e, dende alí, a monitora falounos das distintas portas que había na nosa cidade na época da Reconquista: Falperra, Placer, Sol...


Camiñamos ata a Porta da Gamboa, logo ata a da Laxe, a do Mar, e, por último, á Porta do Berbés. 


Estivemos moi atentos ás explicacións de Mª José, e todo foi moi interesante.


Acompañounos tamén o bo tempo. Que sorte!!!  

miércoles, 18 de marzo de 2009

VISITA AO ZOO

Os nenos, nenas e profes de infantil, 4 anos, fixemos unha saída o VIGOZOO.


Vimos tartarugas, leóns, parrulos e moitos animais máis.


Pero sin dúbida os que máis nos gustaron foron os osos, por iso merendamos xunto a eles.




martes, 17 de marzo de 2009

Rutinas diarias

Dentro das rutinas diarias nas aulas, unha delas e o consulta do tempo meteorolóxico da nosa cidade e de máis puntos para poder facer estudos comparativos. Ata o de agora empregábamos a observación directa, os periódicos, incluso internet a través dos nosos ordenadores. Na rede visitábamos páxinas como Meteogalicia, Windguru pero a partires destes días andamos a consultando tempo no seguinte enlace, moi curioso...


http://www.activamultimedia.com/sam/indexcat.htm


aula de informática

jueves, 12 de marzo de 2009

TECNOLOXÍA

Os nenos e nenas de 6º están a facer uns proxectos tecnolóxicos baseados no funcionamento das pilas. Empregaron, para os mesmos, diversos materiales de refugallo.
Ditos traballos pódense ver polos corredores do primeiro andar.
Se queres saber como se fan, será publicado, dito proceso, na nosa páxina web dentro duns días.
Enlace páxina do cole:http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/



lunes, 9 de marzo de 2009

BIBLIOTECA CENTRAL

O 18 de febreiro fomos á Biblioteca Central e vimos as distintas seccións: biblioteca para nenos e nenas, para adultos, sala de estudos, hemeroteca, sala para ler prensa diaria.
Pódense quitar 5 libros cada vez, 3 pelis ou CDs de música.
NON LE O QUE NON QUERE!




jueves, 26 de febrero de 2009

SAÍMOS A RÚA!!!

O venres cós nosos disfraces saímos a rúa, a CONQUISTAR VIGO. Empezamos o nosa CONQUISTA pola rúa Aragón seguindo pola praza de Santo Cura de Ars. Logo baixamos pola rúa Bailén ata a Travesía e finalmene CONQUISTAMOS a praza do Centro Comercial de Travesía. Alí botamos uns bailes e unhas cancións. Rematamos a festa no colexio co pregón do Entroido e a queima do Meco.
A continuación poderedes ver os nosos disfraces que nesta ocasión ían de acorde co tema DO SEGUNDO CENTENARIO DA RECONQUISTA DE VIGO.