martes, 24 de noviembre de 2009
25 de novembro: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
viernes, 13 de noviembre de 2009
BOLSO CASTAÑA
Cos materiais da seguinte fotografía: tesoiras, pegamento,
papeis e un modelo,
podes facer uns simpáticos bolsos castaña:
lunes, 9 de noviembre de 2009
ARLANZÓN: MÁIS QUE UNHA INMERSIÓN LINGÜÍSTICA
DE VOLTA DE ARLANZÓN, NON PODEMOS NEGAR QUE APRENDIMOS MOITO INGLÉS. PERO, SOBRE TODO, APRENDIMOS MOITAS COUSAS DE INTERESE PARA A NOSA VIDA.
Esta, alomenos, é a nosa apreciación (de Montse e Mónica). Algúns de vós aprendistes a desenvolvervos sós por primeira vez; outros escribistes unha frase que vaivos axudar moito de aquí en adiante. Todos tivemos que renunciar a algúns pequenos praceres, como mercar chuches e recordos. E, sen embargo, todos os problemas e dificultades mereceron a pena, porque, sen dúbida, esta será a viaxe máis aproveitable da vosa vida.
Gustaríanos que, a través deste foro, nenos, mestras e familias, nos mostrárades a todos os vosos pensamentos e os aspectos positivos que poidemos extraer desta experiencia, aínda que todos tivéramos pasado por intres de angustia e incertidume.
Grazas por adiantado.
VISITA A NATURNOVA. NOVEMBRE 2009
O xoves 5 de novembro, os nenos e nenas do segundo ciclo fomos a Naturnova, o centro interactivo de educación ambiental. Entre moitas actividades que alí fixemos, a máis sorprendente, foi subir nun submarino e dar un paseo polo fondo da ría de Vigo. Debemos dicir que era un viaxe simulado pero aínda así o pasamos moi ben.
viernes, 6 de noviembre de 2009
O NOSO PROXECTO TIC PREMIADO
Resolución da convocatoria de axudas a proxectos de investigación, dinamización e innovación educativa das tecnoloxías da información e a comunicación (Proxectos 2.0), para o curso 2009-2010. ( http://centros.edu.xunta.es/contidos/redetic/?p=994 )
miércoles, 4 de noviembre de 2009
PROPOSTA DE RECURSOS DO MAGOSTO
Estase achegando o Magosto, e moitos seguro que andades na procura do último debuxo, dunha actividade on-line... Na páxina do cole habilitamos un espazo para aloxar recursos que nos poden valer a todos e todas.
Enlace: http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/?q=category/13/118/175
SORPRESA NO PATIO
O martes 3 de novembro, cando chegamos o colexio, esperábanos un gran sorpresa...!!!
Non era unha planta, non era un animal, non era unha persoa, non era unha cousa, era un...FUNGO XIGANTE que nacera no noso patio, debaixo do carballo máis vello!!!
Bota unha ollada e ti mesmo podes comprobalo!!!
Aproveitamos este feito para aprender moitas cousas sobre este ser vivo tan especial, que pobla o chan, cando as chuvias do outono fan a súa aparición.