viernes, 19 de marzo de 2010

Vaia semana!!!!!

Esta semana os nenos e nenas de 3º aprendemos moitas cousas fora do colexio.


Fixemos dúas saídas moi interesantes: a primeira ao Mercado do Berbés para tratar moitos temas relacionados coa alimentación, xa veredes que atentos estaban ás explicacións das vendedoras:


blog.jpg

Se queres saber mási sobre esta saída visita o seguinte enlace:


http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/?q=node/866


A segunda saída foi ós "Rueiros do Consumo" Con motivo do día internacional do Consumidor fomos ó IFEVI a facer un montón de actividades sobre a responsabilidade que temos como consumidores. Nesta ocasión fomos acompañados polos nenos e nenas de 4º. Ensinámoste a continuación unha foto de familia:


consumo1.jpg

Para máis información podes visitar o seguinte enlace:

jueves, 11 de marzo de 2010

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA 2010

No colexio, o día internacional da muller traballadora, fixemos moitos traballos relacionados con mulleres importantes de todos os continentes. Aprendimos sobre moitas facetas das súas vidas . No seguinte enlace podes ver o resultado dos nosos traballos.


Traballos: Día da muller traballadora 2010


DIA MULLER TRABALLADORA

AI, AI, AI o entroido no FRIAN

Aínda non fai un mes, e parece que o Entroido xa queda moi lonxe. Para refrescar as memorias, aquí temos (unha vez debidamente editados) os vídeos destes momentos tan entrañables nos que participou toda a Comunidade Educativa. O tema deste ano foi o da Interculturalidade, dentro do Proxecto Documental Integrado titulado: Un cole, un libro: o mundo!













viernes, 5 de marzo de 2010

SPELLING BEE

Spelling Bee é o primeiro Concurso Interescolar de Deletreo en Inglés que se realiza na nosa Comunidade. E alí estivemos representados por dous nenos e dúas nenas de 5º de primaria.
A súa participación foi estupenda.
Parabéns aos nosos/as representantes do colexio e eiquí tedes unha recopilación deses momentos estelares.


CONGRATULATIONS!!! YOU ARE THE BEST!!!



miércoles, 3 de marzo de 2010

OS PAIS E NAIS NA ESCOLA

Por segundo ano consecutivo os pais e nais viñeron a escola coma alumnos/as.


O motivo desto foron as II XORNADAS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL enmarcadas dentro do PROXECTO FRIANTÍCZATE.





Durante cinco xornadas, en horario de seis a oito, e baixo a tutela de Carlos Cid ( pai dunha nena do colexio)abordáronse temas de compenticia dixital diversos.



Estamos encantados de que os pais e nais tamén asistan ao colexio e de algunha maneira sigamos aumentando a relación da Comunidade Educativa que tan bos resultados está a dar.


Gracias unha vez máis, Carlos, pola túa dedicación hacia este centro.
A continuación podedes ver unha foto da entrega dos diplomas, onde temos que dicir que  faltan moitos pais e nais.


pais recollendo diplomas