O luns 24 e o martes 25 de maio celebramos o Festival das Letras Galegas. Estes dous días actuamos para os nosos compañeiros, e o luns 31 de maio o faremos para os nosos familiares. Deixámoste unha boa mostra...
Aproveitamos este artigo para anunciarvos que o mesmo luns 31 de maio, teremos a FEIRA DA INTERCULTURALIDADE, quedades todos e todas invitados a pasar un día enteiro con nós.
Pola mañá teremos varios obradoiros e xogos do mundo, comeremos todos e todas no patio e remataremos co Festival e clausura de actividades extraescolares. Entre actuación e actuación poderedes visitar as distintas exposicións que estamos a preparar....non deixes de vir.