miércoles, 17 de diciembre de 2008

PAPÁ NÖEL XA ESTÁ EN FRIAN!!!

O martes 16 de decembro, os nenos e nenas de Infantil do cole tivemos unha audiencia privada con PAPA NÖEL, si, si... como estas oíndo.


Escoitounos, regalounos un gorro e invitounos a unha merendola.


MIRADE, MIRADE BEN!!!




viernes, 12 de diciembre de 2008

BOTAS, BOTAS E MÁIS BOTAS

Botas, botas e máis botas, xa están aquí, o anuncio do Nadal no cole. Os traballos que facemos na casa con axuda de toda a familia. Hai  para todos os gusto feitas de moitos materiais que había pola casa: papeis, algodón. pasta, lentellas, espuma, algodón, pegatinas, follas....pouco a pouco iremos poñendo todas.


Que bonitiñas quedaron!




miércoles, 10 de diciembre de 2008

FACENDO RADIO NA ESCOLA

Facendo entrevistas

Hoxe , 10 de decembro, desembarcou no patio do colexio unha camioneta que se transformou nun estudio de gravación. 


 Entrevistamos a un armador e con axuda de Ángel (monitor de From Radio) fixemos tareas de verdadeiros periodistas.


A continuación podes ver máis fotos, xa verás que interesante.




A visita do Señor Albino

Hoxe veu o cole o Sr. Albino, avó de Alba,aprendeunos moitísimas cousas sobre o mar: como son as embarcacións, como se pesca, aperos de pesca. Aproveitamos para facerlle unha entrevista para o programa de FROM RADIO, a continuación podes ver algún momento da gravación.


Moitas gracias Sr. Albino e esperamos velo pronto.




A volta ao mundo detrás dunha trompa

O venres día 5 de decembro de 2008, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria recibimos unha visita moi especial: Helen, a tía de Sara, veunos falar do seu instrumento: a trompa.


Antes de empezar, Sara presentounos á súa tía, que naceu en Memphis (Estados Unidos), traballou nunha orquestra de Nova Zelanda, e, na actualidade, vive en Vigo.


A súa visita serviunos para saber onde quedan estes países. Tamén aprendimos que, en Nova Zelanda, é veran cando en España é inverno. E que, en Estados Unidos, os agasallos de Nadal non os traen os Reis Magos, senon Papá Noël, que, alí, se chama Santa Claus.


Despois, Helen nos aprendeu como colocar os beizos para facer soar a trompa, nos explicou as partes do instrumento e o xeito de tocar antigo e moderno. Por último, nos tocou a melodía de "Harry Potter" e da "Guerra das Galaxias".


Finalmente, decoramos a nosa propia trompeta, coa que facer música.


Grazas, Helen, por nos contar cousas tan interesantes.