viernes, 28 de noviembre de 2008

O noso jingel na rede

Desde hoxe, nas ondas da radio, o cole Frian tamén está presente.
Se o queres comprobar non tes máis que visitar o seguinte enlace


 http://www.fromradio.es/


Aquí atoparás os primeiros programas de radio feitos por nenos e nenas do cole.


A que é xenial???


PARABENS!!! 

jueves, 27 de noviembre de 2008

FACENDO RADIO

O xoves e o venres pasado comezamos a facer radio... si, si, como estás lendo, radio feita por nenos e nenas, en colaboración có FROM.


En varios colexios de toda España estase a traballar con PODCAST (a radio a través de internet).


Visitounos Ángel, que veu dende Baarcelona e ensinounos como se pode facer un Jingel (anuncio radiofónico). Nun minutiño o salón de actos quedou convertido nun "ESTUDO DE GRAVACIÓN RADIOFÓNICO", foi realmente interesante.


A medida que teñamos noticias sobre esta actividade xa vos iremos contando.




viernes, 21 de noviembre de 2008

Día do neno/a 2008

principe-felipe-006.jpg


Co gallo do día do neno/a chegamos á Cidade Infantil Principe Felipe en Pontevedra.
Ás 10:00 horas, unha monitora, chamada Mercedes, estaba alí esperándonos, a diversión estaba a piques de comezar!




domingo, 16 de noviembre de 2008

DIETA MEDITERRÁNEA

Os meses de novembro e decembro están adicados á Educación para a saúde. Levaránse a cabo:



  • Obradoiros de Dieta Mediterránea

  • Charlas formativas para nais/pais

  • Debate sobre a obra "Gordiño recheo" de Fina Casalderrey


Comezamos, o xoves 13,  cun obradoiro de comida mediterránea. Comemos san: unhas espinacas, tomate, atún, granada, espárragos, laranxa... e todo xunto... xa verás que ben nos quedou.
Estaba boísimo e non quedou nada de nada





O mesmo día pola tarde houbo unha charla informativa para pais/nais sobre os beneficios da dieta mediterránea


Charla pais/nais

O MAGOSTO

O martes 11 celebramos o magosto. Reunímonos toda a Comunidade Educativa: alumnos/as, pais e nais, avós e avoas, antigos alumnos e alumnas. As principais protagonistas as castanas:


Que boas estaban!!!




domingo, 2 de noviembre de 2008

Cabazas, cabazas...

Vota unha ollada, mira que bonitas quedaron..





Pero si alguén non ten cabaza...Non hai problema! podémola facer con papel,toma nota...