miércoles, 17 de diciembre de 2008

PAPÁ NÖEL XA ESTÁ EN FRIAN!!!

O martes 16 de decembro, os nenos e nenas de Infantil do cole tivemos unha audiencia privada con PAPA NÖEL, si, si... como estas oíndo.


Escoitounos, regalounos un gorro e invitounos a unha merendola.


MIRADE, MIRADE BEN!!!




viernes, 12 de diciembre de 2008

BOTAS, BOTAS E MÁIS BOTAS

Botas, botas e máis botas, xa están aquí, o anuncio do Nadal no cole. Os traballos que facemos na casa con axuda de toda a familia. Hai  para todos os gusto feitas de moitos materiais que había pola casa: papeis, algodón. pasta, lentellas, espuma, algodón, pegatinas, follas....pouco a pouco iremos poñendo todas.


Que bonitiñas quedaron!




miércoles, 10 de diciembre de 2008

FACENDO RADIO NA ESCOLA

Facendo entrevistas

Hoxe , 10 de decembro, desembarcou no patio do colexio unha camioneta que se transformou nun estudio de gravación. 


 Entrevistamos a un armador e con axuda de Ángel (monitor de From Radio) fixemos tareas de verdadeiros periodistas.


A continuación podes ver máis fotos, xa verás que interesante.




A visita do Señor Albino

Hoxe veu o cole o Sr. Albino, avó de Alba,aprendeunos moitísimas cousas sobre o mar: como son as embarcacións, como se pesca, aperos de pesca. Aproveitamos para facerlle unha entrevista para o programa de FROM RADIO, a continuación podes ver algún momento da gravación.


Moitas gracias Sr. Albino e esperamos velo pronto.




A volta ao mundo detrás dunha trompa

O venres día 5 de decembro de 2008, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria recibimos unha visita moi especial: Helen, a tía de Sara, veunos falar do seu instrumento: a trompa.


Antes de empezar, Sara presentounos á súa tía, que naceu en Memphis (Estados Unidos), traballou nunha orquestra de Nova Zelanda, e, na actualidade, vive en Vigo.


A súa visita serviunos para saber onde quedan estes países. Tamén aprendimos que, en Nova Zelanda, é veran cando en España é inverno. E que, en Estados Unidos, os agasallos de Nadal non os traen os Reis Magos, senon Papá Noël, que, alí, se chama Santa Claus.


Despois, Helen nos aprendeu como colocar os beizos para facer soar a trompa, nos explicou as partes do instrumento e o xeito de tocar antigo e moderno. Por último, nos tocou a melodía de "Harry Potter" e da "Guerra das Galaxias".


Finalmente, decoramos a nosa propia trompeta, coa que facer música.


Grazas, Helen, por nos contar cousas tan interesantes.




viernes, 28 de noviembre de 2008

O noso jingel na rede

Desde hoxe, nas ondas da radio, o cole Frian tamén está presente.
Se o queres comprobar non tes máis que visitar o seguinte enlace


 http://www.fromradio.es/


Aquí atoparás os primeiros programas de radio feitos por nenos e nenas do cole.


A que é xenial???


PARABENS!!! 

jueves, 27 de noviembre de 2008

FACENDO RADIO

O xoves e o venres pasado comezamos a facer radio... si, si, como estás lendo, radio feita por nenos e nenas, en colaboración có FROM.


En varios colexios de toda España estase a traballar con PODCAST (a radio a través de internet).


Visitounos Ángel, que veu dende Baarcelona e ensinounos como se pode facer un Jingel (anuncio radiofónico). Nun minutiño o salón de actos quedou convertido nun "ESTUDO DE GRAVACIÓN RADIOFÓNICO", foi realmente interesante.


A medida que teñamos noticias sobre esta actividade xa vos iremos contando.




viernes, 21 de noviembre de 2008

Día do neno/a 2008

principe-felipe-006.jpg


Co gallo do día do neno/a chegamos á Cidade Infantil Principe Felipe en Pontevedra.
Ás 10:00 horas, unha monitora, chamada Mercedes, estaba alí esperándonos, a diversión estaba a piques de comezar!




domingo, 16 de noviembre de 2008

DIETA MEDITERRÁNEA

Os meses de novembro e decembro están adicados á Educación para a saúde. Levaránse a cabo:



  • Obradoiros de Dieta Mediterránea

  • Charlas formativas para nais/pais

  • Debate sobre a obra "Gordiño recheo" de Fina Casalderrey


Comezamos, o xoves 13,  cun obradoiro de comida mediterránea. Comemos san: unhas espinacas, tomate, atún, granada, espárragos, laranxa... e todo xunto... xa verás que ben nos quedou.
Estaba boísimo e non quedou nada de nada





O mesmo día pola tarde houbo unha charla informativa para pais/nais sobre os beneficios da dieta mediterránea


Charla pais/nais

O MAGOSTO

O martes 11 celebramos o magosto. Reunímonos toda a Comunidade Educativa: alumnos/as, pais e nais, avós e avoas, antigos alumnos e alumnas. As principais protagonistas as castanas:


Que boas estaban!!!




domingo, 2 de noviembre de 2008

Cabazas, cabazas...

Vota unha ollada, mira que bonitas quedaron..





Pero si alguén non ten cabaza...Non hai problema! podémola facer con papel,toma nota...




miércoles, 22 de octubre de 2008

QUE HAI DE NOVO AMIGOS!!!

CABAZAXA CHEGA O SAMAÍN E TAMÉN O


HALLOWEEN!!!


HALLOWEEN IS HERE!!!


CABAZAbRUXA


Tallar caveiras nas cabazas é un costume celta e galego (aínda que algo esquecido) e moi habitual nos países de fala inglesa.


¿QUERES TALLAR UNHA CABAZA ARREPIANTE?


DO YOU WANT TO MAKE A JACK-O-LANTERN?


facer cabaza


FESTA DE CABAZAS/HALLOWEEN PARTY


Tallar unha cabaza non é difícil e así podemos facelo todos xuntos durante esta semana.


Se queres participar nesta festa singular na que podemos cantar en dúas línguas , só tes que atender as indicacións da túa mestre/a ou das teachers, pero se decides facer o traballo de baleirado na casa coa axuda da túa familia podes traela a partir do luns 27 de outubro.


O xoves, día 30 , na hora do recreo, haberá unha sorpresa e todos  e todas cantaremos e bailaremos. Tamén haberá agasallos.


Come and play with us, enjoy your HALLOWEEN!!!

viernes, 4 de julio de 2008

ÍMONOS DE VACACIÓNS

Disfruta das seguintes fotos e......achégate a nosa Ría e ao verán.
Praia das Illas Cíes
Visita connosco as ILLAS CÍES.





Vista dunha praia das Cíes