jueves, 16 de abril de 2009

TAMÉN VEÑEN Á ESCOLA

Como saberedes,todos e todas os que nos seguides, o noso Centro está a facer, nos últimos cursos, un grande esforzo por adaptarse aos novos tempos, introducindo ao noso alumnado no uso das Novas Tecnoloxías como recurso para a aprendizaxe.


Mostra delo é a cantidade de contidos que, diariamente, estamos xerando na páxina web e nos blogs do Colexio.


Pero, en moitas ocasións, tanto o profesorado como os pais e nais dámonos conta de que nestes temas, os nosos fillos e fillas levan a dianteira, facendo evidentes as nosas carencias.


Imos tirar a toalla? Pensades que xa non sodes quen de aprender?


Ás veces, só ten que presentarse a oportunidade para formarnos. E nesta ocasión, o Colexio, en colaboración coa A.N.P.A., proponvos unhas Xornadas de Iniciación á Informática.


O noso obxectivo é que os pais/nais adquiran uns coñecementos básicos, imprescindibles para o manexo dun ordenador, aplicacións ofimáticas e coñecer o funcionamento da internet, as vantaxes e os perigos que para os menores pode ter.


A continuación ensinámoste que atentiños/as están na clase:




No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada