jueves, 15 de abril de 2010

OS PAIS TAMÉN SON MESTRES

Rematando o segundo trimestre, e continuando cos traballos do noso Proxecto Documental Integrado, Un cole, un libro: o mundo!de achegamento as distintas culturas,  Ella ( alumna de 2º) e a súa nai convertíronse en mestras. Mestras?...liches ben, mestras de ruso. Aproveintando que a nai de Ella é dese país ensinounos moitas cousas acerca del.


Entre elas o seu alfabeto, vocabulario nese idioma, por exemplo as partes do corpo, e moitas curiosidades máis sobre Rusia 


Deíxovos un vídeo da súa intervención. Se prestades atención podedes aprender un pouquiño de ruso.


Gacias pais e nais pola vosa colaboración, canto podemos aprender xuntos!.






No hay comentarios:

Publicar un comentario