O venres día 5 de decembro de 2008, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria recibimos unha visita moi especial: Helen, a tía de Sara, veunos falar do seu instrumento: a trompa.
Antes de empezar, Sara presentounos á súa tía, que naceu en Memphis (Estados Unidos), traballou nunha orquestra de Nova Zelanda, e, na actualidade, vive en Vigo.
A súa visita serviunos para saber onde quedan estes países. Tamén aprendimos que, en Nova Zelanda, é veran cando en España é inverno. E que, en Estados Unidos, os agasallos de Nadal non os traen os Reis Magos, senon Papá Noël, que, alí, se chama Santa Claus.
Despois, Helen nos aprendeu como colocar os beizos para facer soar a trompa, nos explicou as partes do instrumento e o xeito de tocar antigo e moderno. Por último, nos tocou a melodía de "Harry Potter" e da "Guerra das Galaxias".
Finalmente, decoramos a nosa propia trompeta, coa que facer música.
Grazas, Helen, por nos contar cousas tan interesantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario