O luns 18 de febreiro un grupo de nenas e nenos de primeiro e segundo ciclo fomos a cidade da Coruña.
Pola mañán, despois dunha longa viaxe, fomos ó Palacio da Ópera onde escoitamos e vimos o Conto musical de "Pedro y el Lobo".
Fomos a repoñer forzas á estación do tren para logo dar un paseo pola cidade. De seguido chegamos á Casa dos Peixes. ¡Aprendemos moitas cousas!
Rematou a visita e voltamos para a casa, os pais e nais estaban esperándonos, gañamos un bo descanso.
¡Ata a próxima!
No hay comentarios:
Publicar un comentario