Deixámosche unhas fotos de mostra:
Deixámosche unhas fotos de mostra:
O xoves 27 de maio participamos na I mostra de teatro escolar organizada polo Concello de Vigo. Este día acudimos á "ASOCIACIÓN VECIÑAL DO CAMPO DA MINA", os coles de : A DOBLADA, PINTOR LAXEIRO e nós. As obras foron estupendas, pasámolo moi ben.
A nosa Compañía de teatro de 3º de Primaria fixo as delicias do público, conseguimos arrincar moitas risas...ENHORABOA A TODOS E TODAS...a continuación podedes ver na foto os integrantes da compañía de teatro de 3º do noso cole.
O luns 24 e o martes 25 de maio celebramos o Festival das Letras Galegas. Estes dous días actuamos para os nosos compañeiros, e o luns 31 de maio o faremos para os nosos familiares. Deixámoste unha boa mostra...
Aproveitamos este artigo para anunciarvos que o mesmo luns 31 de maio, teremos a FEIRA DA INTERCULTURALIDADE, quedades todos e todas invitados a pasar un día enteiro con nós.
Pola mañá teremos varios obradoiros e xogos do mundo, comeremos todos e todas no patio e remataremos co Festival e clausura de actividades extraescolares. Entre actuación e actuación poderedes visitar as distintas exposicións que estamos a preparar....non deixes de vir.
Os nenos e nenas de 3º son este ano os nosos representantes en teatro intercentros.
Comeza agora unha rolda de actuacións. A primeira tivo lugar no Colexio Lope de Vega, o 12 de maio, co estreo da obra: "O DRAGÓN".
Esta obra orixinal e con ambientación chinesa, fixo as delicias do público.
O rematar esta primeira función déronnos uns agasallos: flores e diplomas.
SOMOS NOTICIA.
O xoves 13 de maio na páxina 7 do xornal "O FARO DE VIGO", o noso cole é noticia. Podes lela ou descargarla no seguinte enlace:
Este ano estase a celebrar o centenario do nacemento de LUIS SEOANE, escritor e pintor da nosa Comunidade. Os nenos e nenas de 3º e 4º reproduciron cuadros de este importantísimo personaxe da nosa cultura. aquí deixamos unha mostra...
A última semana de abril, os nenos e nenas de primeiro, segundo e terceiro acudimos Ó VERBUM a unha actividade chamada CONTOS PARA FALAR.
Alí formamos todos e todas dun conto: As viaxes de Patri.
Ó rematar agasalláronnos cun libro e un CD, para máis información visita o noso blog:
http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/?q=node/931
Nesta mesma semana os nenos e nenas de 3º estivemos en VITRASA. Atravesamos Vigo nun autobús descapotable, íase de maravilla.
Cando chegamos a VITRA ensináronnos: os aparcadoiros dos autobuses, a zona de lavados,o taller, as oficiñas a control...ó final da visita fixéronnos unha foto de recordo que a podedes ver a continuación: