Este ano estase a celebrar o centenario do nacemento de LUIS SEOANE, escritor e pintor da nosa Comunidade. Os nenos e nenas de 3º e 4º reproduciron cuadros de este importantísimo personaxe da nosa cultura. aquí deixamos unha mostra...
miércoles, 12 de mayo de 2010
martes, 11 de mayo de 2010
COÑECENDO VITRASA
A última semana de abril, os nenos e nenas de primeiro, segundo e terceiro acudimos Ó VERBUM a unha actividade chamada CONTOS PARA FALAR.
Alí formamos todos e todas dun conto: As viaxes de Patri.
Ó rematar agasalláronnos cun libro e un CD, para máis información visita o noso blog:
http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/?q=node/931
Nesta mesma semana os nenos e nenas de 3º estivemos en VITRASA. Atravesamos Vigo nun autobús descapotable, íase de maravilla.
Cando chegamos a VITRA ensináronnos: os aparcadoiros dos autobuses, a zona de lavados,o taller, as oficiñas a control...ó final da visita fixéronnos unha foto de recordo que a podedes ver a continuación:
martes, 27 de abril de 2010
DÍA DA POESÍA
CON GALLO DO DÍA DA POESÍA, NO COLEXIO, TÉMONOS CONVERTIDO EN POETAS.
BOTA UNHA OLLADA, PREMENDO NO CARTEL, E DEIXA O TEU COMENTARIO.
jueves, 22 de abril de 2010
UN GOL POLA EDUCACIÓN
O pasado día 20, participamos no acto final da CAMPAÑA "UN GOL POLA EDUCACIÓN", para recordar ós gobernantes que ainda está pendente de cumprir a promesa da escolarización total de todos os nenos e nenas do mundo.
Antes, no cole, grupos de 4º e 5º traballamos nas actividades propostas en galego e inglés e, ó final, fixemos un balón onde puxemos as cousas que favorecen e as que obstaculizan para poder logralo. Tamén fixemos "UN MUNDO" onde reflexamos a situación escolar nos distintos continentes, e redactamos un manifesto que se adxunta nun documento.
Con todo isto participamos no acto final con representantes do Goberno de Vigo, da ONG Educación sin Fronteiras e xogadores do Celta ( O porteiro Joel foi quen intentou estivo na portería de Un gol pola educación).
Ai e ó final tivo a amabilidade de firmarlles autógrafos ós nenos e nenas e de retratarse con eles e elas.
jueves, 15 de abril de 2010
OS PAIS TAMÉN SON MESTRES
Rematando o segundo trimestre, e continuando cos traballos do noso Proxecto Documental Integrado, Un cole, un libro: o mundo!de achegamento as distintas culturas, Ella ( alumna de 2º) e a súa nai convertíronse en mestras. Mestras?...liches ben, mestras de ruso. Aproveintando que a nai de Ella é dese país ensinounos moitas cousas acerca del.
Entre elas o seu alfabeto, vocabulario nese idioma, por exemplo as partes do corpo, e moitas curiosidades máis sobre Rusia
Deíxovos un vídeo da súa intervención. Se prestades atención podedes aprender un pouquiño de ruso.
Gacias pais e nais pola vosa colaboración, canto podemos aprender xuntos!.
martes, 6 de abril de 2010
ACHÉGATE Ó MUSEO DO PRADO
CUN ORDENADOR E CONEXIÓN A INTERNET, PODES PASEAR POLO MUSEO DO PRADO E APRENDER SOBRE AS SÚAS OBRAS MÁIS SIGNIFICATIVAS. PROBA E VERÁS...
viernes, 2 de abril de 2010
Libro do consumidor
Despois de ver e comentar un video sobre o consumo, os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria fixeron o seguinte Libro do Consumidor...