martes, 25 de mayo de 2010

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

O luns 24 e o martes 25 de maio celebramos o Festival das Letras Galegas. Estes dous días actuamos para os nosos compañeiros, e o luns 31 de maio o faremos para os nosos familiares.  Deixámoste unha boa mostra...





Aproveitamos este artigo para anunciarvos que o mesmo luns 31 de maio, teremos a FEIRA DA INTERCULTURALIDADE, quedades todos e todas invitados a pasar un día enteiro con nós.


Pola mañá teremos varios obradoiros e xogos do mundo, comeremos todos e todas no patio e remataremos co Festival  e clausura de actividades extraescolares.  Entre actuación e actuación poderedes visitar as distintas exposicións que estamos a preparar....non deixes de vir.

martes, 18 de mayo de 2010

TEATRO INTERCENTROS

Os nenos e nenas de 3º son este ano os nosos representantes en teatro intercentros. 


grupo_teatro

Comeza agora unha rolda de actuacións. A primeira tivo lugar no Colexio Lope de Vega, o 12 de maio, co estreo  da obra: "O DRAGÓN".


dragon_princesa

fin_de_funcion

Esta obra orixinal e  con ambientación chinesa, fixo as delicias do público. 


O rematar esta primeira función déronnos uns agasallos: flores e diplomas.


diploma.jpeg

Manterémosvos informados das nosas próximas funcións.

viernes, 14 de mayo de 2010

miércoles, 12 de mayo de 2010

LUIS SEOANE

Este ano estase a celebrar o centenario do nacemento de LUIS SEOANE, escritor e pintor da nosa Comunidade. Os nenos e nenas de 3º e 4º reproduciron cuadros de este importantísimo personaxe da nosa cultura. aquí deixamos unha mostra...



martes, 11 de mayo de 2010

COÑECENDO VITRASA

A última semana de abril, os nenos e nenas de primeiro, segundo e terceiro acudimos Ó VERBUM a unha actividade chamada CONTOS PARA FALAR.
Alí formamos todos e todas dun conto: As viaxes de Patri.
Ó rematar agasalláronnos cun libro e un CD, para máis información visita o noso blog:
http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/?q=node/931


Nesta mesma semana os nenos e nenas de 3º estivemos en VITRASA. Atravesamos Vigo nun autobús descapotable, íase de maravilla.
Cando chegamos a VITRA ensináronnos: os aparcadoiros dos autobuses, a zona de lavados,o taller, as oficiñas a control...ó final da visita fixéronnos unha foto de recordo que a podedes ver a continuación:


 frian.jpg