martes, 27 de abril de 2010

DÍA DA POESÍA

CON GALLO DO DÍA DA POESÍA, NO COLEXIO, TÉMONOS CONVERTIDO EN POETAS.
BOTA UNHA OLLADA, PREMENDO NO CARTEL, E DEIXA O TEU COMENTARIO.


taller de poesía

jueves, 22 de abril de 2010

UN GOL POLA EDUCACIÓN

O pasado día 20, participamos no acto final da CAMPAÑA "UN GOL POLA EDUCACIÓN", para recordar ós gobernantes que ainda está pendente de cumprir a promesa da escolarización total de todos os nenos e nenas do mundo.
Antes, no cole, grupos de 4º e 5º traballamos nas actividades propostas en galego e inglés e, ó final, fixemos un balón onde puxemos as cousas que favorecen e as que obstaculizan para poder logralo. Tamén fixemos "UN MUNDO" onde reflexamos a situación escolar nos distintos continentes, e redactamos un manifesto que se adxunta nun documento.
Con todo isto participamos no acto final con representantes do Goberno de Vigo, da ONG Educación sin Fronteiras e xogadores do Celta  ( O porteiro Joel foi quen intentou estivo na portería de Un gol pola educación).
Ai e ó final tivo a amabilidade de firmarlles autógrafos ós nenos e nenas e de retratarse con eles e elas.










jueves, 15 de abril de 2010

OS PAIS TAMÉN SON MESTRES

Rematando o segundo trimestre, e continuando cos traballos do noso Proxecto Documental Integrado, Un cole, un libro: o mundo!de achegamento as distintas culturas,  Ella ( alumna de 2º) e a súa nai convertíronse en mestras. Mestras?...liches ben, mestras de ruso. Aproveintando que a nai de Ella é dese país ensinounos moitas cousas acerca del.


Entre elas o seu alfabeto, vocabulario nese idioma, por exemplo as partes do corpo, e moitas curiosidades máis sobre Rusia 


Deíxovos un vídeo da súa intervención. Se prestades atención podedes aprender un pouquiño de ruso.


Gacias pais e nais pola vosa colaboración, canto podemos aprender xuntos!.






martes, 6 de abril de 2010

ACHÉGATE Ó MUSEO DO PRADO

CUN ORDENADOR E CONEXIÓN A INTERNET, PODES PASEAR POLO MUSEO DO PRADO E APRENDER SOBRE AS SÚAS OBRAS MÁIS SIGNIFICATIVAS. PROBA E VERÁS...


MUSEO DEL PRADO

viernes, 2 de abril de 2010

Libro do consumidor

Despois de ver e comentar un video sobre o consumo, os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria fixeron o seguinte Libro do Consumidor...