DENDE O COLE DE FRIAN...
MOI FELIZ VERÁN!!!
GRAZAS POR SER FIELES SEGUIDORES
Hoxe, xoves 18 de xuño, os alumnos e alumnas de sexto fixeron no cole unha comida de despedida cos seus mestres, non faltou a comida, nin os agasallos, nin as risas, nin...algunha lágrima...
ATA SEMPRE !!!
Como dixemos no artigo anterior aínda nos queda unha sorpresa sobre ALLARIZ. A continuación podes acompañarnos vendo uns videos gravados no Bosque Pintado de Ibarrola.
Neste primeiro video animámoste a que escoites atentamente . ESCOITA, ESCOITA...adiviñas que animal se oe?
A continuación podes ver unha das árbores pintadas deste bosque, segundo dende onde mires vese un debuxo ou outro. Xogas con nós? Que ves?
E para rematar o noso paseo por este bosque, camiñamos por unha ponte moi especial, acompáñasnos?
O martes 2 de xuño os nenos e nenas de 4º de primaria visitamos a Vila de Allariz. Foi un día moi especial, cargado de actividades moi variadas e de moitas sorpresas.
O día o repartimos en tres etapas:
1ª etapa: visita a Vila de Allariz percorrendo as súas rúas e visitando o Parque Etnográfico do río Arnoia, máis concretamente o Museo do Coiro, Museo do Liño, o Muiño e o Museo do Xoguete.
Aprendemos moitas cousas e a continuación ensinámoste unhas imaxes.
2º etapa: xa é a hora da comida e de un merecido descanso. Comemos a beiriña do río Arnoia, alí a sombra das árbores estábase estupendamente. Podes comprobalo nas seguintes imaxes.
3ª etapa: Logo pola tarde viaxamos ata a AULA DO REXO, alí ensináronnos moitísimas cousas sobre as ENERXÍAS RENOVABLES, sobre as Reservas Naturais da Biosfera. Tamén déronnos moitísimos datos sobre o coidado das ovellas e a elaboración do queixo de ovella.
Segue atento ao noso blog porque ainda nos queda unha sorpresa desta excursión...