lunes, 25 de mayo de 2009

ENTREGA DE DIPLOMAS

Despois de cinco xornadas de duro traballo remataron as xornadas para pais, nais e avoas de alfabetización dixital.


Compartimos cinco xornadas onde todos e todas aprendemos algo, cada quen o seu ritmo.


Para algúns e algunhas era o arranque dun novo camiño, para outros máis experimentados, abríronse novas inquedanzas.


O último martes, como peche, repartíronse uns diplomas acreditativos.


Dende a comisión TIC do colexio, moitísimas grazas, a Carlos, verdadeiro artifice destas xornadas. E por suposto a todos e todas os que participáchedes con tanto interese.


Deixovos cunhas fotos da entrega de diplomas...e ata a próxima.





miércoles, 20 de mayo de 2009

SEMANA GRANDE NO COLE

Este ano estamos a levar a cabo un Proxecto de Investigación sobre o Bicentenario da Reconquista. Como remate das actividades temos, mañán xoves 21 de maio, a FESTA DA ÉPOCA DA RECONQUISTA de carácter lúdico e cultural.
Comezará pola mañá con obradoiros, visita ás exposicións e xogos; pola tarde teremos o FESTIVAL/CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, con representación teatrais, danzas, cancións e moitas sorpresas.
Queremos que sexa unha auténtica festa para toda a comunidade educativa polo que vos invitamos a que participedes nun xantar colectivo a partir das 14 horas a poder ser vestidos á usanza da época.
 


A MÚSICA XA ESTÁ EMPEZANDO A SOAR!!!!!


FRIAN NAS LETRAS GALEGAS


 

martes, 12 de mayo de 2009

CORRELINGUA 2009

Todo o alumnado do cole participamos na festa lúdico-educativa do "CORRELINGUA" cunha marcha dende a Praza do Rei ata Castrelos, con actuacións musicais, teatrais, xogos, etc.


A continuación poderás ver unha selección de  imáxenes dalgúns momentos da marcha, ao seu paso, polos lugares máis coñecidos.




miércoles, 6 de mayo de 2009

O BUS TURÍSTICO

Hoxe 6 de maio, veunos buscar un autobús de vitrasa. De dúas plantas, si,si como estas oindo. O conductor de deste autobus é o pai de Aida (4º) e Roberto (3º).O Bus levounos pola cidade ata a central de Vitrasa onde nos atenderon moi ben. Ata convidáronnos a refrescos... e que facía moita calor!.


Todos nós estamos acostumados a ir en coche, pero nun bus tan alto non, as cousas dende alí vense diferente.


Tamén déronnos uns agasallos. Dende aquí, moitas grazas polas vosas atencións.



lunes, 4 de mayo de 2009

UNHA VISITA ESPECIAL

Hoxe, 4 de maio de 2009, temos recibido unha visita moi especial: dúas profesoras de Música de Riga (Letonia)


Estiveron acompañándoas Marta e Nicolás, profesores, respectivamente, dos Conservatorios Profesionais de Música de Vigo e A Coruña.


Os catro estiveron compartindo connosco a clase, e, incluso, chegaron a bailar as nosas danzas. Ó final, agasalláronnos con chocolate letón e pousaron xunto a nós nestas fotos.


Alumnos e alumnas de 1º cos nosos visitantes

Alumnos e alumnas de 4º cos nosos visitantes