martes, 18 de diciembre de 2007

CONVIVENCIA DE NADAL

Hoxe martes 18 de Decembro recibimos os/as nenos/nas da Escola Infantil Rúa Aragón.


Un grupo de teatro de nenos/nenas do cole representaron a obra:
"O aniversario do Rei" e os de 6º e 4º cantaron panxoliñas.


Ao rematar, no patio, os pitiños de tres anos, os gatiños de catro e os peixiños de cinco buscaron unha estrela para alumear O Neno que xa naceu.


E tamén houbo merenda.... aquí podedes velo.




jueves, 13 de diciembre de 2007

OS NOSOS BELÉNS

Na clase de Relixión fixemos estes nacementos coa técnica de "rasgado
de papel". Cadaquén elaborou o BELÉN ó seu xeito e este é o resultado.


QUE OPINADES?




miércoles, 12 de diciembre de 2007

AS ESTRELAS DE FRIAN




¡Si, si as Estrelas de Frian!


¡Aquí temos o NADAL!


¡Vaia como traballastes todos e todas este fin de semana!
Que estrelas tan fermosas temos no cole. Para aqueles que non
poidades vir a velas aquí vai unha mostra. Unhas poucas porque hai moitísimas máis... e todas moi fermosas. Pouco a pouco poñeremos máis.
Podedes deixar un comentario decindo como as fixestes e que materiais empregastes.


GRAZAS A TODOS E TODAS POLO VOSO ESFORZO